O QUE NOS RODEA

O Pepe Vieira Relais & Chateâux Restaurant & Hotel está situado nunha finca de 12.500 m2 onde hai 14 galpóns (habitacións dobres) rodeados de natureza autóctona.

Completamente integrado coa paisaxe circundante, conta cunha estupenda horta ecolóxica no seu inmenso xardín, piscina exterior, solárium e salón social con lareira.

O RESTAURANTE,
A ÚLTIMA COCIÑA DO MUNDO

Unha longa viaxe para acadar a excelencia culinaria, onde cada prato conta unha auténtica historia e tradición, a través dunha proposta creativa.